Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas para participar no concurso público da asistencia técnica consistente na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite, xuño e decembro de 1997, anunciado por Resolución do 4 de xuño de 1997.

No DOG nº 113, do 13 de xuño de 1997, anunciouse a asistencia técnica de referencia.

Para proceder á súa realización no mes de xullo, considérase conveniente amplia-los prazos de presentación de ofertas.

En consecuencia,

RESOLVO:

1. Amplia-lo prazo de presentación de ofertas para o mencionado concurso ata as 14 horas do día 14 de xullo de 1997, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración delas.

2. En consecuencia co anterior, o apartado 3 do prego de prescricións técnicas e do cadro de datos básicos do prego de cláusulas administrativas particulares, titulado «Período de execución e prazos», debe quedar redactado do seguinte xeito: «A execución da primeira fase do traballo (xullo-1997) debe quedar terminada antes do 15 de agosto de 1997, debendo remiti-los cuestionarios cubertos, así como o resto da documentación, antes do derradeiro día do prazo indicado».

3. O acto público de apertura de proposicións levarase a cabo o día 18 de xullo de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez.

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

5049