Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública da propiedade do Estado, Ramo de Defensa, denominada Almacén Local de Intendencia, en Ferrol (A Coruña).

-Almacén local de intendencia.

Situado en Ferrol, ó N denominada Estrada de Castela, entre as rúas Ministro Patiño e Pontevedra.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 684, libro 134, folio 153, predio nº 9.617, inscrición 1ª.

Superficie segundo o rexistro: 7.322,50 m. Superficie real, sobre plano: 5.600 m aproximadamente.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 362.695.000 ptas.

Foi declarada a súa desafectación, alleamento e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructura da Defensa con data do 29 de maio de 1990.

O acto de poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa nº 32, Madrid, o día 11 de setembro de 1997, a partir das 10.30 horas.

Información e pregos de condicións: na Xerencia, Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32. Madrid, Tfno. (91) 54 08 09, e nas oficinas da Delegación GINDEF na Coruña, r/ Costa da Palloza, 1-2ª Departamento 7, Tfno. (981) 13 23 18, en horario de oficina.

Madrid, 27 de xuño de 1997.

Jesús Melgar Fernández

Xeneral director-xerente