Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da obra de reparacións en zonas comúns dos bloques R.6.1 e R.6.2 do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela. (Expediente C-97/REP14).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 9 de xuño de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Construcciones Cardeñoso, S.L., por un importe de tres millóns oitocentas sesenta e nove mil cincocentas cincuenta e unha (3.869.551) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

4923