Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de xuño de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-564/97 e vinteún máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º Esq.), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-564/1997.

Denunciado: José Francisco Suárez Vilar.

Domicilio: Fene, 11, Mugardos.

Nº de expediente: C-572/1997, C-597/1997, C-692/1997, C-707/1996, C-723/1997, C-741/1997C, 748/1997 e C-768/1997.

Denunciado: Alexis José Fernández Moya.

Domicilio: San Telmo, 11, Mugardos.

Nº de expediente: C-573/1997, C-595/1997, C-689/1997, C-706/1997, C-722/1997, C-737/1997, C-749/1997 e C-765/1997.

Denunciado: Javier Manuel Fernández Moya.

Domicilio: San Telmo, 11, Mugardos.

Nº de expediente: C-577/1997, C-755/1997, C-759/1997 e C-763/1997.

Denunciado: Jorge Reborido Mato.

Domicilio: Rosalía de Castro, 48 baixo Dta., Mugardos.

Nº de expediente: C-698/1997.

Denunciado: Luis Romaus Piñeiro.

Domicilio: As Viñas, s/n, Mugardos

A Coruña, 16 de xuño de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4823