Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave CV/PO/96.1, N/PO/94.3.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras do vial desde a Avenida de Castrelos ó Parque Tecnolóxico, parque botánico e Universidade de Vigo.

Clave: CV/PO/96.1.

Orzamento: trinta millóns seiscentas corenta e catro mil oitocentas oitenta pesetas (30.644.880).

Prazo de execución: 25 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 2, categoría a.

2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra proxecto de construcción da PO-244. Treito: Arcade-Pontecaldelas.

Clave: N/PO/94.3.

Orzamento: dezanove millóns oitocentas vintedúas mil cincocentas corenta e catro pesetas (19.822.544).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 2, categoría a.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5283