Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.519

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a Enrique Carballo González. (Praza 45/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 11 de xuño de 1996 (BOE do 6 de xullo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a prol de Enrique Carballo González, DNI 32.368.253, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Carballo González, profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5160