Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997 mediante a que se anuncia concurso para a contratación do proxecto e execución das obras de melloras na EDAR de Reza (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: 436/97.

2. Obxecto de contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto e execución das obras de melloras na EDAR de Reza (Ourense).

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 12 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 360.000.000 de ptas.

5. Fianzas.

5.1. Fianza provisional: 7.200.000 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Fianza definitiva: 14.400.000 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as personas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan a seguinte clasificación:

-Grupo E, subgrupo 1, categoría f.

-Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir daquel no que apareza inserido o anuncio no BOP, DOG ou BOE, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8.6. Admítense variantes.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de xuño de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente