O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,
resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: moblaxe clínica, aparellos e dispositivos para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e A Barbanza (Ribeira) (SCC-32/97) (6 lotes).
Orzamento: 12.748.000 ptas. IVE incluído.
Lote nº 1: 4.894.000 ptas.
Lote nº 2: 1.350.000 ptas.
Lote nº 3: 1.594.000 ptas.
Lote nº 4: 2.570.000 ptas.
Lote nº 5: 650.000 ptas.
Lote nº 6: 1.690.000 ptas.
Fianza provisional: licitando ós seis lotes: 254.960 ptas.
Lote nº 1: 97.880 ptas.
Lote nº 2: 27.000 ptas.
Lote nº 3: 31.880 ptas.
Lote nº 4: 51.400 ptas.
Lote nº 5: 13.000 ptas.
Lote nº 6: 33.800 ptas.
Fianza definitiva: licitando ós seis lotes: 509.920 ptas.
Lote nº 1: 195.760 ptas.
Lote nº 2: 54.000 ptas.
Lote nº 3: 63.760 ptas.
Lote nº 4: 102.800 ptas.
Lote nº 5: 26.000 ptas.
Lote nº 6: 67.600 ptas.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1997.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación:
-Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.
-Relación características técnicas-prezo-equipo: ata 10 puntos.
-Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.
-Posibilidade de incorporar no futuro os equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas
direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 .27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas C do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.
Antonio Fernández-Campa García Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
4767