Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997 pola que se anuncian polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, as obras dun centro de educación infantil, primaria e educación especial en Toques (A Coruña) e outra máis.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: centro de educación infantil, primaria e educación especial en Toques (A Coruña).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 8 meses.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 95.424.384 pesetas.

d) Fianza provisional: ver prego.

e) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, categoría: E.

2.2. a) Descrición do obxecto: reforma e ampliación IFP de Ribadeo (Lugo).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 4 meses.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 84.038.520 pesetas.

d) Fianza provisional: ver prego.

e) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, categoría: E.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 59 26 00.

b) Domicilio: c/ Rosalía de Castro, 45-Santiago de Compostela (A Coruña)

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12.30 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.

P.D. (Orde de 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería Educación

e Ordenación Universitaria

4311