Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 26 de maio de 1997, acordou:

«Suspender, ó abeiro do disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o procedemento do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición en relación cos terreos e edificacións incluídos nos ámbitos delimitados nos planos adxuntos, do cal a descrición non obstante, co mesmo número identificativo que se recolle na citada docu

mentación gráfica, e á que dela se deduce, faise segundo o seguinte detalle:

1. Casas números 63, 65 e 67 da Avda. de Monelos á altura da confluencia do camiño da Igrexa.

2. Casas números 80 e 82 da rúa Adelaida Muro, na súa confluencia coa rúa Cantábrico.

3. Terreos, en parte libres e en parte con edificacións inadecuadas, situados na Ronda de Outeiro, esquina á rúa Ricardo Pérez, afectando ás casas números 1, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 12 da rúa Sobrado dos Monxes, e 8 da rúa Ricardo Pérez.

4. Terreo e casa sinalados cos números de policía 2 e 4 da rúa Vixía, esquina a Santo Tomás.

5. Casas 1, 3 e 5 da Travesía de Colón e 17 e 19 da rúa Colón.

6. Terreos, en parte libres e en parte con edificacións inadecuadas, situados na confluencia da rúa Gaiteira coa rúa Pose ás que dan fronte, co límite nos medianís das casas números 35 da rúa Gaiteira e 6 da rúa Pose.

7. Terreos, en parte libres e en parte con edificacións inadecuadas, situados na Avda. de Fisterra á que dan fronte, co límite nun lado no medianil da casa número 196 da Avda. de Fisterra e por outro no medianil da casa número 4 da rúa Gramela.

8. Terreos, en parte libres e en parte con edificacións inadecuadas, comprendidos entre a Avda. de Calvo Sotelo, a rúa Pérez Cepeda e a parte posterio das casas números 60 a 68 da Avda. de Fisterra.

9. Casas números 47 e 49 da Avda. de Monelos.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 29 de maio de 1997.

Salvador Fernández Moreda

P.D.

Alcalde

5176