Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río As Forcadas, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do expediente DH.A15.8262 (14/069/5/1).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 121, do 25 de xuño de 1997, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 6.041, no parágrafo que comeza: «Este trámite...», onde di: «propostos polos peticionarios», debe dicir: «que poidan resultar afectados polas obras e instalacións previstas nos proxectos».

4803