Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de información pública, referente á solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a construcción dunha liña eléctrica no termo municipal de Vedra (A Coruña). (Expediente 69/1997).

Para os efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, artigo 9 do Decreto 2617/1966 e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, de aplicación en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da citada lei, sométese a información pública a solicitude de autorización e declaración de utilidade pública, que comportará a expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos bens e dereitos afectados para a servidume de paso do voo sobre o predio servente, servidume de ocupación temporal no período de execución e dereito de paso

e libre acceso para repara-las instalacións e o mantemento de distancias de seguridade destas, do proxecto de execución da liña eléctrica a 20 kV de 314 metros de lonxitude con orixe na liña Marzán-Lestedo (Expte. nº 51101), centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e rede de baixa tensión de 190 metros de lonxitude, en R.Z., no lugar de Pousada de Arriba, no termo municipal de Vedra (A Coruña).

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Severo Ochoa 2, polígono da Grela-Bens, 15008-A Coruña.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica da zona de Pousada de Arriba (Vedra).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire no anexo deste anuncio así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, situada no edificio administrativo-Monelos, s/n, e presenta-las alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 10 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 69/97Provincia: A Coruña

Pousada de ArribaConcello: Vedra

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2A VeigaLabradíoManuel Cabo SilvaPousada de Abaixo, 15

15885-Vedra

1240400

4A VeigaViñedoDolores Vázquez RíosCachosenande

15881-Boqueixón

2070

6A VeigaLabradíoManuel Casal TurnesPousada de Abaixo

15885-Vedra

2142420

8A EiraLabradioHerdeiros de Antonio Castro

Antonio Castro Crespo

Pousada de Arriba, 1

15885-Vedra

C.T.650350

5168