Polo presente edicto, e debido a que o debedor comprendido na relación que a seguir se insire non puido ser atopado no domicilio que figura no rexistro
da Administración Tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:
Notifícaselle ó debedor, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria Comunidade Autónoma de Galicia, acordou:
«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do debedor, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
Valladolid, 24 de febreiro de 1997.
Ana Arce García
Xefa da Dependencia de Recadación de Valladolid
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe F. Pro. Ap.
Travecar, S.L.
Av. Ramón Pradera, 10-2B
Valladolid
B47309950
Sanción Exp.: 1994/PO673 Liq.: 008961003 C1100096360102212 552.000 15-1-1997
Recursos (4).
Motivos de impugnación (4).
Suspensión do procedemento (4).
Solicitude de aprazamento (4).
Lugar de pagamento (4).
Xuros de demora (4).
Custas (4).
Prazos para efectua-lo ingreso (4).
Comparecencia en forma do interesado (4).
(4) Ve-lo publicado para o primeiro edicto na páxina 6.407
4027