Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos concursos públicos por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación das subministracións de productos de alimentación; material sanitario e de limeza e aseo; papelería e imprenta para a residencia asistida da terceira idade de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-las adxudicacións dos concursos públicos de subministracións que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 18, do 28 de xaneiro de 1997.

* Expediente 1/1996 (subministración de carnes, froitas e verduras), adxudicatarios e importes:

-Partida I (carnes): deserta.

-Partida II (coellos e aves): Lago, Aves, Huevos y Caza, S.A., por importe máximo de 3.289.413 ptas. (tres millóns duascentas oitenta e nove mil catrocentas trece pesetas).

-Partida III (froitas e verduras): Vieiro Rodríguez, Elisa, por importe máximo de 6.325.429 ptas. (seis millóns trescentas vintecinco mil catrocentas vintenove pesetas).

* Expediente 2/1996 (subministración de pan e bolos, iogur, lácteos e derivados e varios), adxudicatarios e importes:

-Partida I (pan e bolos): deserta.

-Partida II (lácteos e derivados): Casa Pepe Vigo, S.L., por importe máximo de 4.654.080 ptas. (catro millóns seiscentas cincuenta e catro mil oitenta pesetas).

-Partida III (iogures): Danone, S.A., por importe máximo de 329.650 ptas. (trescentas vintenove mil seiscentas cincuenta pesetas).

-Partida IV (varios): Casa Pepe Vigo, S.L., por importe máximo de 9.901.561 ptas. (nove millóns novecentas unha mil cincocentas sesenta e unha pesetas pesetas).

* Expediente 3/1996 (conxelados e peixe fresco), adxudicatarios e importes:

-Partida I (conxelados): Freiremar, S.A., por importe máximo de 8.947.116 ptas. (oito millóns novecentas corenta e sete mil cento dezaseis pesetas).

-Partida II (peixe fresco): Vázquez Freijoso, José Luis, por importe máximo de 6.642.983 ptas. (seis millóns seiscentas corenta e dúas mil novecentas oitenta e tres pesetas).

* Expediente 4/1996 (material sanitario e de limpeza), adxudicatarios e importes:

Material sanitario:

-Partida I (incontinencia): I.D. Médica España, S.A., por importe máximo de 2.707.500 ptas. (dous millóns setecentas sete mil cincocentas pesetas).

-Partida II (aseo): El Corte Inglés, S.A., por importe de 2.592.000 ptas. (dous millóns cincocentas noventa e dúas mil pesetas).

-Partida III (material diverso): El Corte Inglés, S.A., por importe de 4.469.212 ptas. (catro millóns catrocentas sesenta e nove mil duascentas doce pesetas).

-Partida IV (luvas): Laboratorios Unitex Hartmann, S.A., por importe de 1.767.000 ptas. (un millón setecentas sesenta e sete mil pesetas).

Material de limpeza e aseo:

-Partida I (lavavaixelas): Irago, S.A. por importe de 772.200 ptas. (setecentas sesenta e dúas mil duascentas pesetas).

-Partida II (productos e utensilios): Irago, S.A., por importe de 3.468.721 ptas. (tres millóns catrocentas sesenta e oito mil setecentas vinteúnha pesetas).

-Partida III (bolsas de lixo): Irago, S.A. por importe de 2.457.750 ptas. (dous millóns catrocentas cincoenta e sete mil setecentas cincuenta pesetas).

-Partida IV (papel de aseo): Irago, S.A., por importe de 3.243.368 ptas. (tres millóns duascentas corenta e tres mil trescentas sesenta e oito pesetas).

-Partida V (productos de lavandería): non se procederá á súa contratación por modificación das circunstancias que motivaron a convocatoria.

* Expediente 5/1996 (papelería e imprenta), adxudicatarios e importes:

-Partida I (papelería): El Corte Inglés, S.A, por importe de 750.849 ptas. (setecentas cincoenta mil oitocentas corenta e nove pesetas).

-Partida II (imprenta): Alfer, S.A., por importe de 941.184 ptas. (novecentas corenta e unha mil cento oitenta e catro pesetas).

Vigo, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

P.A.

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

4853