Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 30 de abril de 1997, o estudio informativo: alternativas de convexión da AC-174 e da AC-162 coa RIGE Cambre-Oleiros-Sada (clave: N/AC/96.4), sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoal que o coiden oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinlándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, e nos concellos afectados.
Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia; estará a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial do Medio Ambiente da Coruña e nos concellos afectados.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.
Guillermo Grandío Chao
Subdirector xeral de Estradas
5018