Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia.
Fago saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 16/1997 que promove o Banco Pastor, S.A., con DNI A-15000128 con domicilio en rúa Cantón Pequeno, 1, A Coruña, representados polo procurador Salmonte Rosendo, contra Pedra Vila, S.A., con DNI/CIF A-15227234, domiciliada en rúa da Igrexa, Edif. Vipor III, 1º D, Porto do Son, A Coruña, nos que por resolución desta data, acordouse sacar á venda en poxa pública o inmoble que ó final se describen, dos cales o remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado en Noia, praza da Constitución, s/n, 3º andar, da seguinte forma:
A primeira poxa o vindeiro día dezaseis (16) de setembro de 1997, ás 10 horas da mañá, para a que servirá de tipo o pactado na escritura da hipoteca, que ascende á suma de seis millóns duascentas vintenove mil trescentas cincuenta pesetas (6.229.350 ptas.).
A segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o vindeiro día catorce (14) de outubro de 1997, ás 10 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.
E a terceria poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o vindeiro día once (11) de novembro de 1997, ás 10 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.
Condicións da poxa.
1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa, na primeira nin na segunda, e as ofertas poderanse facer en calidade de cederlle o remate a un terceiro.
2. Os que desexen tomar parte a poxa, con excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., conta de consignacións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, cuenta número 1565-0000-18-0016-97, polo menos do 20% do tipo que se expresou, requisito sen o que non se admitirán á licitación.
3. A poxa terá lugar na forma de poxas abertas, aínda que, ademais, ata o día sinalado para o remate poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado.
4. Os autos e a certificación do rexistro e que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que tódolos licitadores aceptan como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.
Bens obxecto da poxa.
Predio número 9, ático, dereita tipo C, destinado para vivenda, con acceso polo relanzo e caixa de escaleiras que o comunican co portal do inmoble. Composición: estar-comedor-cociña, un dormitorio, un baño. Extensión: superficie útil de sesenta (60) metros cadrados e cincuenta e oito (58) decímetros cadrados. Lindeiros: fronte, corredor de acceso, relanzo e oco de escaleiras e piso esquerda D; esquerda segundo se entra e fondo, avenida de Galicia; dereita, rúa da Igrexa, situada no concello e vila de Porto do Son (A Coruña); rexistrada no Rexistro da Propiedade de Noia, libro de Porto do Son, tomo 854, libro 117, folio 75, predio número 12.583.
E para que así conste e sirva de notificación ó público xeral e ós demandados en particular, expido o presente edicto para que e insira e publique nos boletíns oficiais que correspondan e nos taboleiros de anuncios oportunos.
Noia, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e sete.
A secretaria
Rubricado
4748