A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitoulle ó Servicio Galego de Saúde o expediente relativo ó recurso nº 1/990/1997 interposto polo Colexio Oficial de Enfermería de Lugo contra o pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997).
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos
5055