Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o pasado día 29 de maio do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto reformado do plan parcial Monte do Con, promovido por Monte do Con Promotora, S.L.

O expediente exponse ó público na secretaría municipal, durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG e BOP; o cómputo do prazo iniciarase a partir da data da última publicación.

De conformidade co disposto polo artigo 102 do R.D.L. 1/1992, a aprobación inicial do plan parcial detrmina a suspensión do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no seu ámbito. Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses desde a publicación deste anuncio.

Este anuncio serviralles como edicto de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de RXAP e PAC, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente no trámite de información pública.

Moaña, 4 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

4516