O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
Con data 17 de decembro de 1996, o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia aprobou
definitivamente o anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia.
O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 375/1996, do 11 de outubro, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este departamento no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis, e que máis abaixo se detallan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se indican, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.
Termo municipal de Caldas de Reis.
Lugar: instituto de bacharelato Aquas Celenis, rúa Mariñoleiras, s/n.
Días Horas
8.30 a 11.30 11.30 a 14.30
7-7-1997 0001 a 0030 0031 a 0060 8-7-1997 0061 a 0090 0091 a 0120 9-7-1997 0121 a 0150 0151 a 0180 10-7-1997 0181 a 0210 0211 a 0241 11-7-1997 0242 a 0271 0272 a 0302 14-7-1997 0303 a 0332 0333 a 0363 15-7-1997 0364 a 0393 0394 a 0424 16-7-1997 0425 a 0454 0455 a 0485 17-7-1997 0486 a 0515 0516 a 0546 18-7-1997 0547 a 0576 0577 a 0607 21-7-1997 0608 a 0637 0638 a 0668 22-7-1997 0669 a 0698 0699 a 0729 23-7-1997 0730 a 0759 0760 a 0790 24-7-1997 0791 a 0820 0821 a 0851 28-7-1997 0852 a 0881 0882 a 0912 29-7-1997 0913 a 0942 0943 ó final
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e Notario.
Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa a ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular
por escrito, ante o departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.
Agustín Hernández Fdez. de Rojas
Xefe do Departamento de Xestión do Dominio
Público Hidráulico
4557