Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Sego II.

Visto o expediente incoado por María Teresa González Allo, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Sego II, outorgado pola orde ministerial do 23-11-1970, situado na cuadrícula nº 47, do polígono E de Cambados, rematando a concesión o 11-12-2000, e do que era titular Serafín González Cores.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos,

esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de María Teresa González Allo.

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigada a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 19 de maio de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

4608