Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das subministracións de clave E/SC/97.56 e tres máis.

A) Subministración.

1. Subministración de vestiario e calzado de persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/97.56.

Orzamento: catro millóns cento vinteseis mil catrocentas setenta e tres pesetas (4.126.473).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

2. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Lugo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/97.57.

Orzamento: catro millóns seiscentas oitenta e sete mil setecentas corenta e catro pesetas (4.687.744).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/97.58.

Orzamento: catro millóns trescentas setenta e catro mil oitenta e cinco pesetas (4.374.085).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/97.59.

Orzamento: tres millóns setecentas noventa e cinco mil novecentas quince pesetas (3.795.915).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que no coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4777