Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan. (RC-PO-97.26 e RC-PO-97.33).

a) Obras.

1. Beirarrúas e servicios na Travesía de Zacande no concello de Meis.

Clave: RC-PO-97.26.

Orzamento: vintenove millóns cincocentas trinta e seis mil catrocentas seis (29.536.406) pesetas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría b. Grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Garantía provisional: non se precisa.

2. Sinalización en diversas estradas do municipio de Lalín.

Clave: RC-PO-97.33.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e dúas mil oitenta e catro (24.992.084) pesetas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n. Teléfono: (986) 80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de

contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do decimoquinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás dez horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 19 de xuño de 1997.

José M. Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

4963