Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de exportación de peixe fresco do porto da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do comercio de exportación de peixe fresco do porto da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-5-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Mayoristas Exportadores de Pescados y Mariscos de A Coruña e da parte social pola CIG, UXT e CC.OO. o día 16-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de exportación de peixe fresco do porto da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal o presente convenio afecta ás empresas das que as súas actividades estean abranguidas no comercio de exportación de peixe fresco e instaladas no porto da Coruña. Afectará a todo o persoal que preste os seus servicios nas citadas empresas e nos seus distintos postos de traballo, así como ó de novo ingreso durante a vixencia deste convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O texto articulado deste convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997, independentemente de cando se publique no Diario Oficial de Galicia, e estará vixente para tódolos efectos, ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio extinguirase o 31 de decembro de 1997, sen necesidade de denuncia previa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos actualmente existentes en calquera empresa ou costumes máis beneficiosas sobre condicións serán respectadas.

Artigo 5º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria, que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación das cláusulas deste convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Mediación, arbitraxe e conciliación no caso de conflicto colectivo, cando se solicitado por instancia dun dos seus órganos.

-A comisión paritaria estará integrada por dous órganos, un en representación do sector social e outro en representación do sector empresa, cada un estará integrado por tres representantes pertencentes á comisión negociadora. Ámbalas partes poderán ser asistidas por un asesor, con voz pero sen voto. Os acordos da comisión paritaria requirirán, validamen

te constituída, a asistencia á reunión de dous membros de cada unha das representacións.

Artigo 6º.-Horario de traballo e xornada.

A xornada de traballo fíxase en 40 horas semanais efectivas, aboándose como extraordinarias o exceso de horas traballadas cos recargos que se establezan neste convenio.

A dita xornada repartirase de luns a venres, a razón de 7 horas e 12 minutos diarios en xornada continua intensiva, a xornada do sábado será de 8 da mañá a 12 da mañá.

O persoal desfrutará dun descanso de trinta minutos que se contabilizarán dentro da xornada laboral e no momento de menos afluencia de traballo.

O total anual de horas efectivas de traballo é de 1.826 horas, agás que por lei de rango superior se modificase o dito cómputo.

Por acordo de cada empresa e os seus traballadores ou os seus representantes legais poderase modifica-la xornada convida, así como no caso de que se establecese algunha modificación no horario de poxas; en tódolos casos as modificacións acordadas consignaranse nun cadro-horario confeccionado conforme o previsto na legalidade vixente.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias prestadas polo persoal masculino e feminino serán satisfeitas cun recargo do 80% sobre o salario tipo hora ordinaria que resulte da aplicación das retribucións fixadas no convenio.

Artigo 8º.-Premio por matrimonio.

Todo traballador que contraia matrimonio estando de alta na empresa, fose cal fose o tempo traballado nela, percibirá un premio a cargo desta, consistente en vinte mil pesetas.

Artigo 9º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído de persoal abranguido no presente convenio será de trinta días naturais a partir do primeiro ano de traballo, establecéndose a data para o seu desfrute de común acordo entre as partes (empresarios e traballadores), confeccionándose para tal fin unha lista de vacacións que deberá estar exposta nas empresas antes do 31 de marzo, fixándose no primeiro trimestre do ano, por orde de antigüidade e orde rotativa nos sucesivos anos. No caso de non haber acordo, quince días serán sinalados polo empresario e outros quince polo traballador.

En empresas de menos de dez traballadores, a falta de acordo, non poderá haber ó mesmo tempo máis de dous traballadores de vacacións.

En empresas de 10 a 20 traballadores pode haber dous traballadores simultaneamente e así sucesivamente.

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional do

tempo traballado; en todo caso respectarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Día da patrona.

Establécese como día festivo non recuperable o día 16 de xullo, día da patrona, a Virxe do Carme.

Artigo 11º.-Retribucións.

Serán de aplicación as establecidas na táboa anexa. Faise constar que o plus de transporte sinalado na táboa anexa percibirase aínda nos supostos de enfermidade ou accidente de traballo.

Artigo 12º.-Xornada nocturna.

Tódalas horas de traballo que se realicen en períodos nocturnos pola afluencia de pesca, aboaranse co recargo do 100% sobre o salario tipo fixado no presente convenio, tanto o persoal masculino como o feminino, coas limitacións que para este convenio prevén a propia lei. Enténdese por xornada nocturna a partir das 21 horas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O dereito de antigüidade consistirá en trienios e serán fixados na contía do 4% do salario deste convenio, sen limitacións no número deles, satisfacéndose durante o tempo de vinculación á empresa.

O cómputo da antigüidade ó persoal dará comezo desde a data de ingreso na empresa, sexa cal sexa a categoría profesional que ostente.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións do 15 de xullo e Nadal, consistirá nunha mensualidade dos salarios que se establecen neste convenio, a razón de salario base, plus de transporte e antigüidade; estas gratificacións terán que ser aboadas o día 25 de xullo e a de decembro non máis tarde do día 22 do dito mes.

Artigo 15º.-Gratificación extraordinaria de beneficios.

O mes de marzo aboarase unha paga denominada de beneficios, cunha contía de trinta días de salarios percibidos no ano natural anterior, a razón de salario base, plus de transporte e antigüidade, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, permisos retribuídos e baixas por accidente de traballo. No caso de non ter permanecido na empresa durante o ano natural anterior, o seu importe reducirase, sendo proporcional ó tempo traballado nela.

Artigo 16º.-Licencias con soldo.

Todo traballador ten dereito ás seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio: 16 días hábiles.

b) Por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes ou descendentes: 7 días hábiles.

Enténdense como tales os consanguíneos ou, por afinidade, políticos, en caso de irmáns: 5 días hábiles.

c) Establécese unha licencia retribuída de 2 días en caso de enfermidade ou morte dos avós, fillos políticos, irmáns políticos ou tíos.

d) Por parto da esposa: 7 días naturais.

e) Establécese unha licencia retribuída no caso de acompañamento a probas ou recoñecementos médicos de fillos/as menores de trece anos, sempre que o traballador sexa titor ou responsable deles, e sen límite de idade se se trata de diminuídos físicos ou psíquicos.

f) Por cambio de domicilio: 1 día hábil.

Artigo 17º.-Incorporación ó servicio militar.

Durante o tempo que o traballador permaneza incorporado ó servicio militar reservaráselle a praza que viña ocupando ata dous meses despois do seu licenciamento, e computarase o tempo da dita situación para efectos de antigüidade, co aboamento durante a súa permanencia en filas das pagas extraordinarias que se estipulen neste convenio.

Artigo 18º.-Persoal afectado.

Todo o persoal afectado por este convenio non poderá prestar máis servicios dentro do porto pesqueiro que os debidos á empresa para a que traballa, e a negativa do traballador a prestar servicios en empresa distinta á súa non será considerada como desobediencia para os efectos das causas de despedimento sinaladas na lei. Así mesmo, ningún traballador poderá prestar servicios a outras empresas do sector distintas á súa. O incumprimento destas normas dará lugar a causa de despedimento disciplinario, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Seguridade no traballo.

Toda empresa estará obrigada a dotar ó seu persoal de roupa de traballo adecuada ó medio ambiente e dadas as especiais circunstancias dos cometidos e funcións que realizan. Para estes efectos, facilitarase por parte da empresa a roupa necesaria de acordo coas peculiaridades de cada posto de traballo.

Artigo 20º.-Anticipos reintegrables.

As empresa, estarán obrigadas a anticiparlles a todos aqueles traballadores que conten cunha antigüidade mínima de seis meses dentro dela, e así o soliciten, o importe dunha mensualidade de retribución, adianto este que será reintegrado polo traballador de forma fraccionada ou de entregas parciais, por períodos mensuais, quincenais ou semanais, segundo lle conveña ó traballador, non devengando xuro de ningún tipo este adiamento no pagamento.

A empresa non estará obrigada a aboa-lo mencionado adianto cando as peticións superen o 50% do cadro de persoal da empresa.

De tódolos xeitos, no caso de cesar na empresa o traballador, a suma que puidese ter pendente de saldar seralle descontada da liquidación finiquita que puidese corresponderlle, e de non asistirlle tal dereito estará obrigado a reintegrala de maneira inmediata.

Artigo 21º.-Realización de tódalas manipulacións.

Os aprendices, empacadores, oficiais empacadores, encargados ou compradores realizarán tódalas operacións de manipulación, entendéndose por tales as de rastrexo de caixas, carga e descarga, preparación e demais relacionadas co tratamento do peixe, coas limitacións que establece o Decreto do 26 de xullo de 1957.

Artigo 22º.-Traballo por axuste.

O traballo por axuste será aboado na contía que mutuamente acorden as empresas e os traballadores, pero en todo caso as tarefas deberán representa-lo mínimo das retribucións fixadas na táboa salarial, incrementada no 45% dela.

Artigo 23º.-Traballo de categoría superior.

O traballador que realice labores de categoría superior á que teña asignada percibirá o salario correspondente a aquela durante o tempo que dure a dita situación, pero se se prolongase máis de catro meses, automaticamente adquirirá a categoría que realmente lle corresponde.

A categoría profesional de oficial empacador adquirirase de modo automático ós sete anos de servicio na empresa.

Artigo 24º.-Asemblea sindical da empresa.

Recoñécese o dereito de reunión dentro da empresa ós traballadores desta afectados polo presente convenio, fóra da xornada laboral ou inmediatamente ó rematar esta.

Os traballadores non poderán ser despedidos ou sancionados por estar afiliados a un sindicato.

Nos casos en que o traballador sexa representante sindical ou do comité de empresa, recibirá as licencias necesarias para o normal desenvolvemento da súa actividade sindical de acordo coa lexislación vixente; en todo caso a empresa terá dereito a pedir xustificantes das licencias concedidas.

Artigo 25º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se encontren en situación de baixa por enfermidade ou accidente percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria co fin de que perciban o 100% do seu salario real durante un máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente non se terán en conta para deducir dos períodos de vacacións.

Artigo 26º.-Táboa de salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 respectaranse como mínimo, os salarios que figuran no anexo deste convenio, que supoñen un incremento do 3,25% sobre as táboas salariais do convenio do ano anterior, e o plus de transporte quedarán fixado en 8.500 pesetas por mes, para tódalas categorías, que se farán efectivos desde o 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 27º.-Premio de xubilación anticipada e voluntaria.

As empresas aboaranlles un complemento de xubilación a aqueles traballadores con dez anos de antigüidade, como mínimo, na empresa que se xubilen de mutuo acordo con ela, coa contía seguinte:

-Xubilación voluntaria ós 60 anos: 450.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 61 anos: 350.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 62 anos: 300.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 63 anos: 250.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 64 anos: 200.000 ptas.

Unha vez fixada a contía do premio, a empresa poderá fracciona-lo pagamento durante un máximo de 12 meses.

Para a súa percepción deberá solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumprindo os 64 anos de idade e seis meses máis, o traballador non solicitase a xubilación perderá o dereito a este complemento. Este artigo quedará en suspenso no caso de que, por disposición de rango superior, se reducise a idade de xubilación.

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Acórdase unha revisión salarial sobre as táboas deste convenio se o índice de prezos ó consumo (IPC) para o ano 1997, establecido polo INE, excédese do 2,6% e na contía do exceso.

Artigo 29º.-Seguro de invalidez e morte.

As empresas contratarán un seguro de invalidez colectivo permanente total ou de morte por accidente durante as 24 horas do día, domingos e festivos, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

-Por morte: 2.750.000 pesetas.

-Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.250.000 pesetas.

Esta póliza entrará en vigor o mesmo día da sinatura do convenio.

Artigo 30º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non será de aplicación para aquelas empresas que acrediten descensos, en termos reais, da facturación ou dos resultados nos dous últimos exercicios.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulamentada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria.

2. Representación dos traballadores.

3. AGA.

A tódolos mecanismos mencionados anteriormente facilitaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio de contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período no que se pretende a aplicación da mencionada cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine, neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Disposicións adicionais

Primeira.-As diferencias salariais que se produzan desde o 1 de xaneiro de 1997 deberán facerse efectivas nun prazo non superior a trinta días desde a publicación e conseguinte posta en vigor do convenio.

Segunda.-As partes negociadoras deste convenio estudiarán a posibilidade de remata-la negociación, de establece-los mecanismos necesarios para negociar un convenio do sector de ámbito galego.

TÁBOAS SALARIAIS 1997

Categoría profesional

Salario

base

Plus

transporte

Total

mensual

Total

anual

Grupo primeiro
-Persoal técnico titulado
Tit. grao superior107.0078.500115.5071.732.605
Tit. grao medio 93.9728.500102.4721.537.080

Grupo segundo
-Persoal mercantil non titulado
Encargado establecemento93.9728.500102.4721.537.080
Oficial empacador86.0628.50094.5621.418.430
Empacador/a82.8158.50091.3151.369.725
Aprendiz de empacador71.1628.50079.6621.194.930
Comprador93.9728.500102.472 1.537.080
Conductor82.8158.50091.3151.369.725

Grupo terceiro
-Persoal administrativo
Oficial administrativo82.8158.50091.3151.369.725
Contable82.8158.50091.3151.369.725
Auxiliar administrativo78.4998.50086.9991.304.985
Aspirante71.1628.50079.6621.194.930

4368