Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente na realización dos traballos de asesoría na defensa contra incendios forestais en Galicia durante o ano 1997 (07112).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería y Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización dos traballos de asesoría na defensa contra incendios forestais en Galicia durante o ano 1997 (07112), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: vintecatro millóns oitocentas vintetrés mil setecentas trinta e tres pesetas (24.823.733 ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: grupo I, subgrupo I, categoría B.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 22 de xullo de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 29 de xullo de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

4595