Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se resolve definitivamente a convocatoria do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da Terra Chá (Lugo).

Pendente a resolución definitiva do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da Terra Chá (Lugo), convocado por orde desta consellería, do 27 de abril de 1995 (DOG do 15 de xuño), modificada pola Orde do 13 de xullo do mesmo ano (DOG do 21 de xullo), resolto provisionalmente pola Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural por Resolución do 16 de xullo de 1996 (DOG do 9 de agosto), e igualmente resoltas as reclamacións interpostas contra a adxudicación provisional, e de conformidade co establecido no artigo 5, parágrafo 4º da Orde do 27 de abril de 1995, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles definitivamente os seguintes lotes da Terra Chá (Lugo) ós concesionarios que se relacionan a continuación:

-Carlos de la Fuente Fernández: lote nº 14.

-Agustín López Álvarez: lote nº 28.

Segundo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes contado desde a data da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

4690