Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 11 de maio de 1990.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos, a resolución do recurso de alzada número 90/1129 inter

posto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 11 de maio de 1990, pola que se acordou denegarlle a concesión da subvención a Patricia González Blanco para adquisición dunha vivenda sita en nova travesía, Boavista 12-4º B, A Coruña ó abeiro do expediente 15-1-0062/81, da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-90/1129 interposto por Patricia González Blanco, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 11 de maio de 1990, pola que se acordou denegarlle a concesión de subvención a Patricia González Blanco

e reconocerlle o dereito a que o tipo de xuro subsidiado sexa do 12% anual; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 10 de xuño de mil novecentos noventa e sete.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4919