Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 29 de novembro de 1993.

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso de alzada número 94/0207, interposto contra a resolución do delegado provincial do

Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 29 de novembro de 1993, pola que se acordou denega-la cualificación definitiva do expediente 36-RG-229/86, para a rehabilitación da vivenda sita en Arnela-Teis-Vigo-Pontevedra, da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-94/0207 interposto por Dolores Soto Álvarez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra, do 29 de novembro de 1993, pola que se denegou a cualificación definitiva do expediente 36-RG-229/86, para a rehabilitación da vivenda sita en Arnela-Teis-Vigo-Pontevedra; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4776