Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.116

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 16 de xuño de 1997 do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso nas clases de practicantes e matronas titulares, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996.

O apartado 3 da base sexta B) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro) pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal deberá publicar no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, por razóns de índole organizativa, o tribunal poderá decidir realizar ámbolos dous exercicios de que consta a fase de oposición en unidade de acto.

Adoptada unha decisión ó respecto polo tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da clase de practicantes e matronas titulares, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso nas clases de practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, para a realización dos exercicios da fase de oposición o vindeiro día 3 de xullo de 1997, ás 16 horas, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n.

Segundo.-O chamamento será único, e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan.

Non obstante, os dous exercicios de que consta a fase de oposición realizaranse, pola súa orde, en unidade de acto.

Terceiro.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Cuarto.-Contra este acordo poderá presentarse reclamación, perante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1997.

Rosendo L. Fernández Fernández

Presidente do tribunal de practicantes

e matronas titulares

4900