Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.076

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL. DIRECCIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Pontevedra, pola que se anuncia segunda poxa pública para o alleamento da leira que se cita.

Declarada a alienabilidade por resolución da Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social con data do 25-4-1996 e autorizado o seu alleamento pola resolución do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais con data do 24-6-1996 e declarada deserta a primeira poxa pública por resolución da Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social con data do 23-10-1996, convócase segunda poxa pública para o alleamento da seguinte leira: «Urbana: Salvaescura ou Buratiña e Pío, sita nos lugares de Pío e Lameliña, parroquia de Bora, concello de Pontevedra, dunha hectárea, oitenta e dúas áreas e cincuenta e seis centiáreas. Sobre esta leira existen diversas edificacións».

-Tipo mínimo de licitación: 92.039.275 ptas.

-Prego de condicións: os pregos de condicións poderán ser recollidos na sede da dirección provincial sita na rúa García Barbón, 36-2ª planta, Vigo (Pontevedra).

-Depósito para tomar parte na poxa: 20% do tipo de licitación.

-Data e lugar da poxa: a poxa comezará ás 11 horas do día 24-7-1997 na sala de xuntas desta dirección provincial.

-A totalidade dos gastos será por conta do adxudicatario.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

Miguel Ángel Vázquez Ares

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Pontevedra