Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 1997 pola que se autoriza ó centro privado Santiago Apóstol, de Soutomaior (Pontevedra), para imparti-las ensinanzas do ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos.

Examinado o expediente presentado por José Perfecto Cabaleiro Farto en representación do centro privado Santiago Apóstol de Arcade, do concello de Soutomaior, polo que solicita a autorización para imparti-las ensinanzas do ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos da familia profesional informática.

Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitario, Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que establece o título de técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos, Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo centro privado Santiago Apóstol de Arcade do concello de Soutomaior (Pontevedra) para imparti-las ensinanzas correspondentes ó ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos, segundo os datos que no anexo se especifican.

Santiago de Compostela, 29 de maio 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Soutomaior.

Localidade: Arcade.

Domicilio: A Montesiña, s/n.

Denominación: Santiago Apóstol.

Titular: cooperativa de enseñanza Santiago Apóstol.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación especial: 1 unidade.

d) Centro de educación secundaria: 8 unidades.

e) Centro de bacharelato 6 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

f) Centro de formación profesional: 1 ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos da familia profesional informática.

4718