Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997 pola que se anuncia a aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Senén Sobral e o seu contorno.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 29 de maio de 1997, prestou aprobación inicial ó proxecto de urbanización da rúa Senén Sobral e o seu contorno, dispoñendo que sexa sometido a información pública por un período dun mes para efectos de reclamacións e suxestións, mediante a inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Casa do Concello; o prazo computarase a partir da súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 4 de xuño de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4820