Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público para a concesión da explotación da cafetería e comedor do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a concesión da explotación da cafetería e comedor do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (unidade de contratación).

b) Número de expediente: C.E. 1/97.

2. Obxecto da contratación: contratación administrativa especial para a explotación da cafetería e comedor do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso público.

4. Condicións económicas: especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de especificacións técnicas.

5. Garantía provisional, por importe de 2.500.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no servicio de subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), tódolos días, agás os sábados, das 9 ás 15 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

A clasificación requirida para o contratista será: grupo III, subgrupo 8, categoría A.

A solvencia económica e financeira acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica deberase xustificar de acordo co establecido no artigo 19 b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución do DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de proposicións: realizaraa en acto público a mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións:

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 de prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 12 de xuño de 1997.

Pedro Molina Coll

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

4868