Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de construcción do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en Santiago de Compostela (A Coruña), mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64 do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e dirección do órgano de contratación: Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 61. Fax (981) 54 27 62.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: obra de construcción do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas, Santiago de Compostela (A Coruña) por un importe de 2.127.119.607 ptas. (IVE incluído).

3.a) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 24 meses.

5.a) Nome e dirección do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia construcción do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas, en Santiago de Compostela (A Coruña). Proxecto entregado ás copisterías.

Copynino, Tel. (981) 58 89 38.

Copy Estudio, Tel. (981) 59 33 85.

Tórculo, Tel. (981) 59 26 00.

Prezos que hai que pagar, segundo tarifa.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 22 de xullo de 1997.

b) Dirección á que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: a partir das 10 horas na sala de xuntas C do edificio do Sergas en San Lázaro, Santiago de Compostela (A Coruña), 4 de agosto de 1997.

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades:

1997: 750.000.000 de ptas.

1998: 750.000.000 de ptas.

1999: 627.119.607 ptas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría f.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán ofertas que inclúan solucións técnicas que varíen o proxecto aprobado pola administración.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión, Subdirección Xeral de Investimentos, Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas. Telf. (981) 54 18 38.

16. Data de publicación do DOCE do anuncio de información previa: 12-3-1997.

17. Data de envío do anuncio: 16 de xuño de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

P.D. (Decreto 64/1996, 15-2-1996)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4873