Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición dun microtomo modular, un montador de preparacións histolóxicas, un neumógrafo con sistema CPAP nasal e un equipo láser cirúrxico.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

apartado i) do artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, de 6 de xuño), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición dun microtomo modular, un montador de preparacións histolóxicas, un neumógrafo con sistema CPAP nasal e un equipo láser cirúrxico.

Obxecto e orzamento.

A adquisición dun microtomo modular, un montador de preparacións histolóxicas, un neumógrafo con sistema CPAP nasal e un equipo láser cirúrxico, por un orzamento máximo de 16.500.000 ptas. IVE incluído.

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no plazo dun mes contado desde a adxudicación do expediente.

Documentos de interés para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas trinta mil pesetas (330.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do presuposto. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Características técnicas e prestacións dos equipos ata 5 puntos.

-Condicións do contrato de mantemento ata 4 puntos.

-Prezo ata 3 puntos.

-Prazo de entrega ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Admítense variantes.

X. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 27 de maio de 1997.

Luis E. Vicente Sánchez

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

4533