De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15/048/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo de comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a esta notificación.
A dita sanción poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110000179 de Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011)-A Coruña.
Expediente: 15/048/96.
Inculpado: Seguridad 12, S.L.
Enderezo: Avda. dos Caídos, 185 B, A Coruña.
Sanción e motivos: 100.000 ptas. Deficiente prest. dun servicio.
Data de resolución: 3-3-1997.
A Coruña, 15 de maio de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4512