Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 26 de maio de 1997, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Arcediago-Rairiz-Mourazos-Santiso (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Arcediago-Rairiz-Mourazos-Santiso (Santiso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 40/1993, do 19 de febreiro (DOG nº 40, do 1 de marzo), que a xunta local da zona, na súa reunión do 16 de maio de 1997, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Santiso e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e, a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (Edificio Administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facerse as notificacións.

A Coruña, 26 de maio de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural da Coruña

4587