Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/58-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorizacion da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a Canteira Chan de Castro-Entienza.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 410 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. existente nomeada C.T. Entienza-2 a Monte Faro ata a Canteira de Chan de Castro-Entienza, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3784