Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/158-2-4641 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T. Fabeiro.

Situación: Monforte.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-110 de 116,2 mm Al, cunha lonxitude de 615 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Fabeiro, concello de Monforte.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 19 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4483