Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.015

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, a Carlos Gómez Bermúdez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 7 de xuño de 1996 (BOE do 11 de xullo) para a provisión da praza número 96/027 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, desta universidade, a favor de Carlos Gómez Bermúdez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Gómez Bermúdez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, desta universidade.

A Coruña, 5 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

4705