Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.984

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso de obras de urbanización do parque empresarial IN-F de Lugo.

-Obra nº 1: fase 2A.

Orzamento total: 144.530.154 ptas. (IVE incluído).

-Obra nº 2: fase 1B.

Orzamento total: 69.839.010 ptas. (IVE incluído).

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, 6-5º de 11 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Lugo, ata o décimo quinto (15) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A apertura das proposicións económicas efectuarase na sala de xuntas de Xestur-Lugo, as 17 horas do décimo sétimo (17) día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo sétimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Jorge Carballeira Fdez.

Director-xerente