Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Por acordo da comisión municipal de goberno do 11 de xuño de 1997, estimáronse as reclamacións interpostas contra o prego do concurso público, para adxudica-lo contrato de xestión do servicio público de abastecemento de auga potable, saneamento e

depuración de augas residuais do Concello de Poio, acordou modifica-las cláusulas números 23 e 25 A d) do dito prego, eliminouse a clasificación esixida ó contratista para tomar parte no concurso, quedando exposta a dita modificación do prego á información pública durante o prazo de 8 días naturais, durante os que poderán presentarse as reclamacións oportunas; e ampliouse o prazo de presentación de proposicións en 10 días naturais máis, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Poio, 11 de xuño de 1997.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

4843