Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 10 de abril de 1997, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobado con carácter provisional polo Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 11 de maio de 1995, o programa de actuación urbanística correspondiente á área 3 de solo urbanizable non programado delimitado no PXOU vixente, formulado directamente por este concello e redactado por Oficina de Planeamiento, S.A., no que se introducen diversas modificacións respecto ó texto inicialmente aprobado en sesión plenaria do 30 de novembro de 1994, derivadas da estimación das alegacións informadas favorablemente polo equipo redactor do documento coas correccións e matizacións contidas no informe do arquitecto municipal, así como da introducción das observacións efectuadas pola Dirección Xeral de Costas.

Redactado o texto refundido derivado do acordo de aprobación provisional, ó que o Pleno presta a súa conformidade en sesión do 30 de xaneiro de

1996, unha vez introducidas as modificacións derivadas do informe emitido o 28 de novembro de 1995 pola Dirección Xeral de Costas.

Emitido en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 28 de maio de 1996, o informe previsto no artigo 7.2º da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

O Pleno Municipal, por unanimidade de tódolos seus membros e de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Urbanismo e Obras, adopta o seguinte acordo, en exercicio da competencia delegada polo artigo 2 da Lei 7/1995 anteriormente citada:

1. Aprobar con carácter definitivo o programa de actuación urbanística da área 3 de SUNP (ámbito Cross), formulado directamente por este concello e redactado por Oficina de Planeamiento, S.A., coas modificacións respecto ó texto inicialmente aprobado derivadas das rectificacións referidas nos antecedentes antes consignados.

2. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia; observarase en canto á publicación da normativa que contén o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dar traslado do expediente tramitado e dous exemplares delixenciados do documento aprobado, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quedando condicionada a súa eficacia e entrada en vigor ó cumprimento destes trámites.

3. Determinar, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, antes citada, que o acordo adoptado esgota a vía administrativa e é directamente recorrible ante a xurisdicción contencioso-administrativa».

Culleredo, 21 de maio de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

4433