Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamentos de dous sistemas de esterilización de tratamento de RBE para os hospitais de Conxo (Santiago de Compostela) e Juan Canalejo (A Coruña) (SCC-23/1997).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar de entrega da subministración: hospitais de Conxo (Santiago de Compostela) e Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: dous sistemas de esterilización de tratamento de RBE.

-Orzamento total: cincuenta e catro millóns cincocentas vintetrés mil catrocentas pesetas, IVE incluído (54.523.400 ptas., IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 14 de xullo de 1997.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 21 de xullo de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 1 de agosto, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 1.090.468 ptas.

Definitiva: 2.180.936 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

-Custo do sistema: ata 4 puntos.

-Prazo de posta en marcha: ata 1 punto.

-Sistema de control de procesos: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de maio de 1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4826