Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 15/067/93, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15/067/93, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo de comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a esta notificación.

Expediente: 15/067/93.

Inculpado: Bungalows Pontevedra, S.A.

Enderezo: Avda. de Finisterre, 2-9º B, A Coruña.

Denunciante: Salvador Soto Reina.

Domicilio: Pl. San Vicente Paul, 5-2º D, Madrid.

Data de resolución: 8-5-1997.

A Coruña, 8 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4537