Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta e trámite de urxencia, das obras que se citan.

A) Obras.

-Clave: AC-97-129 Coristanco.

Título: urbanización e acondicionamento da travesía de Coristanco, (1ª fase).

Orzamento: noventa millóns cen mil duascentas sesenta e unha (90.100.261) pesetas.

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Grupo E), subgrupo 1), categoría b).

Grupo I), subgrupo 1), categoría a).

Prazo de execución: vintecatro meses.

Fianza provisional: un millón oitocentas dúas mil cinco (1.802.005) pesetas.

Clave: AC-97-156 A Negreira.

Título: afinado e pavimentación de camiños nas parroquias de Aro, Arzón, Gonte, Liñao e Lueiro.

Orzamento: trece millóns duascentas sesenta e unha mil seiscentas oitenta e tres (13.261.683) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas sesenta e cinco mil duascentas trinta e catro (265.234) pesetas.

Clave: AC-97-156 B Negreira.

Título: afirmado e pavimentación de camiños nas parroquias de Alvite, Campolongo, Landeira, A Pena e Xallas.

Orzamento: vintetrés millóns cento dezaoito mil cento noventa e oito (23.118.198) pesetas.

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: catrocentas sesenta e dúas mil trescentas sesenta e catro (462.364) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

F) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

4869