Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.939

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

IMPUGNACIÓN 13/1988, promovida polo Goberno ó abeiro do título V da LOTC contra orde da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, do 31 de agosto de 1987.

O Tribunal Constitucional, por auto do 3 de xuño actual, declarou concluída por falta de obxecto a impugnación número 13/1988, promovida, ó abeiro do título V da LOTC, polo Goberno en relación con diversos artigos da orde da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, do 31 de agosto de 1987, pola que se desenvolve o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación para o ensino da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. A súa admisión a trámite e a suspensión dos preceptos impugnados publicouse no Boletín Oficial del Estado do 28 de xaneiro de 1988 e o mantemento desta suspensión no de 14 de xuño de 1988.

Madrid, tres de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Álvaro Rodríguez Bereijo

Presidente do Tribunal Constitucional

4845