Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.800

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O provicario xeral do Arcebispado de Santiago de Compostela, na súa condición de órgano superior da parroquia de San Román das Encrobas, conforme o disposto no artigo 26 do Decreto 133/1982, do 4 de novembro, que regula as condicións sanitarias dos cemiterios de Galicia, fai saber,

Que, como consecuencia dos traballos da explotación mineira, foi preciso o traslado da igrexa parroquial e mailo cemiterio da devandita parroquia de San Román das Encrobas, desde Gontón á nova localización en Pontoxo, o que obriga á clausura do vello, conforme o artigo 24 do citado Decreto 133/1982, o que se fai público, durante o prazo de 3 meses, co fin de que os familiares dos fieis defuntos alí enterrados poidan adopta-las medidas que a lei lles permita.

En Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete.

Víctor Benedicto Maroño Pena

Provicario xeral do Arcebispado de Santiago

de Compostela