Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997 pola que se anuncia prórroga do prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona do porto de Pedras Negras destinada a dársena náutico-deportiva.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia portuaria, en virtude das facultades que teño conferida pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8-2-1996), sobre delegacións de competencias no presidente do Ente Público Portos de Galicia,

RESOLVO:

Prorroga-lo prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona que se vai construír do porto de Pedras Negras, destinada a dársena náutico-deportiva, que se rexerá polo prego de condicións e de bases aprobado para o efecto e que estará á disposición dos interesados na sede central do Ente Público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5º A, 15707, Santiago de Compostela, e na sede social do Club Náutico San Vicente do Mar, sita no peirao do Espiño, s/n, San Vicente do Mar (O Grove).

A prórroga do prazo de presentación de solicitudes é de seis meses e iniciarase o día seguinte ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Ente Público Portos de Galicia, Área Central, praza de Europa, 5º A, 15707 Santiago de Compostela ou a través do Club Náutico San Vicente do Mar, con domicilio no peirao do Espiño s/n, San Vicente do Mar (O Grove).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 20-1-1996, DOG nº 28, 8-2-1996)

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

4699