Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.764

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 137/1997, do 22 de maio, polo que se dispón a substitución de representantes da Xunta de Goberno da Universidade da Coruña no Consello Social da citada universidade.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade nesa institución.

A Universidade da Coruña remitiu escritos a esta consellería nos que comunica a baixa como representantes da Xunta de Goberno desa universidade, no Consello Social, de: Ramón González Cabanach, José Ramón Soraluce Blond, José Ramón Alonso Pereira, Rafael Martín Acero, Javier Antoñon Clemente, Julian Dorado de la Calle e José M. Couso Oliveira, e a súa substitución por Juan Jesús Fernández Caínzos, Manuel Recuero Astray, José Luis Rodilla López, Arturo Berruezo Blanco, Nuria Mª Galego Veira, Enmanuel López Ares e Ángeles Campos Rodríguez, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8, os documentos preceptivos de non ter incorrido en incompatibilidade.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e por instancia da Universidade da Coruña, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade da Coruña a Juan Jesús Fernández Caínzos, Manuel Recuero Astray, José Luis Rodilla López, Arturo Berruezo Blanco, Nuria Mª Galego Veira, Enmanuel López Arez e Ángeles Campos Rodríguez en representación da Xunta de Goberno desta universidade.

Estas persoas substitúen respectivamente, e polo mesmo concepto, a Ramón González Cabanach, José Ramón Soraluce Blond, José Ramón Alonso Pereira, Rafael Martín Acero, Javier Antoñón Clemente, Julián Dorado de la Calle e José M. Couso Oliveira, que cesan como membros do Consello Social da Universidade da Coruña, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4576