Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de maio de 1997, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Os Regos Promociones, S.L. para defini-las rasantes e o deseño xeral dos rueiros nº 55, 56 e 57 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, vial correspondente á unidade de actuación número 9 que une as rúas Amado Carballo e Avenida da Eiriña e rasantes e deseño particular arredor do rueiro 57 do PXOU, documento redactado polo arquitecto José Manuel Pichel Pichel, visado pola Delegación do COAG en Pontevedra, con data do 11-12-1996, dis

poñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Teresa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 20 de maio de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4622